Continúan a aumentar os positivos no ensino: 914 contaxios e 46 aulas pechadas

(Foto: Europa Press)
Perto de 500 centros con algún caso. 

Os centros, institutos e escolas infantís galegas volveron a experimentar un repunte de casos positivos por Covid-19 nas últimas xornadas. Os contaxios detectados polas autoridades sanitarias alcanzan xa os 914, cae medio cento máis que na xornada de onte e un terzo de incremento nos últimos sete días. 

Hai perto de 500 centros onde hai no mínimo un caso. O número de aulas fechadas é de 46, o que supón 10 máis que nesta terza feira. 

No que respecta a centros de ensino que tiveron que cerrar por mor do coronavirus, o número esta cuarta é igual ao de onte: 2. A gardería Golfiños de Lugo e o punto de atención á infancia de Boborás.  

Na área sanitaria da Coruña hai 154 casos no ensino e 6 aulas pechadas; mentres que na de Ferrol as cifras son 85 e 5 e na de Santiago 133 e 5 respectivamente. 

Hai 95 casos en escilas infantís e centros de ensino da área de Lugo, 6 aulas pechadas. Na de Ourense son 134 e 8; na de Pontevedra 107 e 6. 

Por último, na área de Vigo son 206 casos e 10 aulas cerradas. 

Na ligazón externa podes consultar todos os centros nos que se rexistraron positivos e o número dos mesmos.