Consulta aquí se o teu décimo foi premiado na Lotaría de Nadal 2024

Bólas para a o Sorteo Estraordinario de Nadal. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)

Este ano puxéronse en circulación 193 millóns de décimos e repartíronse 2.702 millóns de euros.

Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal deste 2024 repartiu este domingo, día 22, un total de 2.702 millóns de euros en premios, o que supón 112 millóns máis que o ano pasado.

Para o sorteo, que decorreu no Teatro Real de Madrid, puxéronse en circulación 193 millóns de décimos de Lotaría de Nadal. A emisión deste ano constará de 193 series, oito máis que en 2023, de 100.000 números cada unha e ascende a 3.860 millóns de euros.

Deste xeito, repartiranse un total 2.702 millóns de euros en premios, nun ano no que se mantivo a contía destes: o 'Gordo' de Nadal, o primeiro premio, é de 4.000.000 de euros á serie (400.000 o décimo), o segundo premio é de 1.250.000 euros á serie e, o terceiro, de 500.000 euros á serie.

En todo caso, mantívose a contía dos premios: o 'Gordo' de Nadal ou primeiro premio, son 4.000.000 de euros á serie (400.000 euros ao décimo); o segundo premio, de 1.250.000 euros á serie (125.000 euros ao décimo); ou o terceiro, de 500.000 euros á serie (50.000 euros ao décimo). O importe do décimo continúa sendo de 20 euros.

E se me toca?

Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a aboar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.

Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.

Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA Caixabank.