Consulta aquí se o teu décimo da Lotaría de Nadal foi premiado
O Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2025 arrincou este 22 de decembro ás 9.08 horas no Teatro Real de Madrid. Este ano, reparte un total de 2.772 millóns de euros en premios, o que supón 70 millóns máis que o ano pasado. Cada serie distribúe en premios 14 millóns de euros e, en total, repártense 30.301.920 premios que poderás consultar en directo en Nós Diario.
Para o Sorteo de Nadal, a emisión consta de 198 series (cinco máis que o ano anterior) de 100.000 números cada unha, ascendendo a un total de 3.960 millóns de euros. O 70% da devandita emisión destinarase a premios, polo que este ano o Sorteo de Nadal repartirá 2.772 millóns de euros en premios, 70 millóns máis.
O primeiro premio, coñecido popularmente como o 'Gordo' de Nadal, ten un importe de 4 millóns de euros por serie, mentres que o segundo premio ascende a 1.250.000 euros por serie e o terceiro sitúase en 500.000 euros por serie. Tamén destacan dous cuartos premios (200.000 euros por serie) e oito quintos (60.000 euros por serie).