Concentracións en Vigo e Compostela contra o golpe de estado en Venezuela

Imaxe de arquivo: Concentración solidaria con Venezuela en Vigo

Esta cuarta feira na cidade olívica e a quinta na capital galega.

Diversos colectivos e entidades estanse a mover en Galiza para denunciar e rexeitar o que cualifican como “golpe de estado” en Venezuela. Vigo e Compostela son, polo de agora, as cidades que acollerán concentracións na defensa do “lexítimo goberno venezuelano”.

 

Máis dunha vintena de organizacións e asociacións sociais, políticas, sindicais ou xuvenís apoian a concentración convocada para esta cuarta feira, 30 de xaneiro, en Vigo, na farola de Urzáiz baixo o lema ‘Contra o golpe de estado en Venezuela, solidariedade!’.

 

Para esta quinta feira, 31 de xaneiro, convócase en Compostela unha mobilización no mesmo sentido. Será ás 20:00 horas na Praza do Toural. A palabra de orde, 'Compostela, contra o golpe de estado en Venezuela'.

 

Desde estas entidades denúnciase a campaña en marcha desde hai anos contra o proceso que iniciou Venezuela baixo os gobernos de Hugo Chávez. Lembran que Hugo Maduro gañou unhas eleccións avaladas por observadores internacionais e que o ‘autoproclamado’ presidente non está lexitimado polos votos, sendo eleito deputado, non presidente, da Asemblea Nacional.