Concentracións esta segunda feira en 8 localidades galegas contra a represión en Catalunya

Compostela con Catalunya

Convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya baixo o lema ‘Democracia e liberdade’

Esta segunda feira, 26 de marzo, haberá concentracións en oito cidades e vilas galegas para denunciar a vaga represiva en Catalunya, coa detención de líderes independentistas como exemplo máis destacado.

As concentracións convócaas a Plataforma Galiza con Catalunya baixo o lema ‘Democracia e liberdade’.

 

Lugar e hora:

Vigo. Farola de Urzáiz. 20:00 horas

A Coruña. Subdelegación do goberno. 20:00 horas

Ferrol. Praza Amada García. 20:00 h.

Ourense. Subdelegación do goberno. 20:00 h.

Compostela. Praza do Toural. 20:00 h

Pontevedra. Praza Peregrina. 20:00 h

Lugo. Praza maior. 20:00 h.

Burela. Praza Mariña. 20:30 h.