Concellos do norte de Portugal e sur da Galiza piden a fin da división transfronteiriza

Ponte entre Tui e Valença (Xunta)

Demandan a apertura inmediata dos puntos fronteirizos para facilitar o movemento laboral.

Unha declaración conxunta asinada por 12 concellos do territorio transfronteirizo Río Miño foi remitido aos gobernos español e portugués para pedir a reapertura inmediata das fronteiras coa finalidade de facilitar o movemento de traballadoras que precisan diariamente atravesar a fronteira, informa a RTP.

O pasado 16 de marzo, e por mor da pandemia do coronavirus, volveron os controis na fronteira e a única posibilidade de, nesa área, entrar ou saír da Galiza e Portugal é a ponte de Tui- Valença do Minho, “que concentra 44 por cento dos veículos que circulam entre os dois países”.

A AECT Minho considera que “a coordinación e o equilibrio entre os Gobernos dos dous países nas medidas de desconfinamento deben evitar dividir os concellos fronteirizos”.

Apelan “ao regreso da libre circulación entre os 2 países” así que os estados de emerxencia terminen e recorda “que existen moitos sectores da economía da rexión con implicacións dos 2 lados da fronteira”.

Ademais, inciden en que a taxa de contaxio é similar no sur da Galiza e norte de Portugal.