A columna galega das ‘Marchas da Dignidade’ suma máis de 60 colectivos para reclamar en Madrid “Pan, traballo e teito”

marchasdignidade

Máis de 60 colectivos do ámbito social, político, cultural ou sindical fan parte da Columna Galega das Marchas da Dignidade, que volverá manifestarse en Madrid para reclamar “Pan, traballo, teito e igualdade”.  Na capital do estado confluirán o 27 de maio columnas procedentes de diferentes territorios para, como na mobilización do 2014, reclamar “pan, traballo e teito”, engadíndolle este ano “igualdade” para denunciar o “feminicidio”.

Manolo Caamaño, un dos voceiros da columna galega, afirmou que as “lacras do capitalismo” deben de enfrontarse “na rúa, ao tempo que sinalou que os procesos electorais “paralizaron a rúa” e “non resolveron os problemas”.