A clientela de Gadis achega 168.300 quilos de alimentos e 97.748 euros á campaña da gran recollida

Dúas mulleres realizando as compras nun supermercado Gadis (Foto: Nós Diario).
Segundo explica a compañía, esta axuda é posíbel grazas á solidariedade mostrada polos seus clientes durante a campaña 'A Gran Recollida', que se levou a cabo en todos os seus puntos de venda os pasados días 24 e 25 de novembro.

Supermercados Gadis fará entrega, este ano, de 168.300 quilos de produtos de alimentación non perecedoiros, de drogaría e hixiene e de 97.748 euros a 11 bancos de alimentos da Galiza e Castela e León.

Segundo explica a compañía, esta axuda é posíbel grazas á solidariedade mostrada polos seus clientes durante a campaña 'A Gran Recollida', que se levou a cabo en todos os seus puntos de venda os pasados días 24 e 25 de novembro.

Desta maneira, a cadea quixo pór en valor o xesto altruísta dos seus clientes, ademais da implicación dos seus traballadores, así como a participación dos voluntarios durante o desenvolvemento desta iniciativa solidaria que emprende cada ano por estas datas a Federación Española do Banco de Alimentos (Fesbal) en todo o Estado.

Desde 2014

Gadis sumouse de maneira ininterrompida desde 2014 a esta campaña co fin de "aliviar a situación das persoas e colectivos máis vulnerábeis". Nesta ocasión, convocouse baixo o lema ‘Alimenta unha vida mellor’.

Supermercados Gadis distribuirá esta axuda entre os 11 bancos de alimentos cos que mantén unha colaboración estreita: Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

Estas entidades, á súa vez, repartirano entre as asociacións e ONG ás que prestan asistencia no día a día e que atenden a máis de 30.000 familias con recursos escasos.