A CIG-Industria critica a Medalla Castelao a Pérez Rumbao, "a á máis dura da patronal"
Cualifican de “inxusta” a escolla, “e máis en pleno conflito do siderometal”.
“A decisión da Xunta da Galiza de outorgar a medalla Castelao ao presidente honorífico do grupo Pérez Rumbao, e máis en pleno conflito do sidermetal, é inxusta”. Así o afirman desde CIG-Industria de Ourense, moi críticos coa escolla de Emilio Pérez Nieto, presidente honorífico, para esa medalla.
“Pertence a un grupo empresarial que sempre se destaca por pertencer a ala máis dura da patronal” na negociación dos convenios, afirma a central nacionalista. A figura de Castelao está por riba de todos eles, da Xunta da Galiza e de Pérez Rumbao”.
CIG-Industria de Ourense lembra que o rianxeiro era “nacionalista e defensor dos febles contra os poderosos”, algo que considerran que non casa coa elección de Pérez Nieto para recibir a medalla co seu nome. “Por non ter, non teñen nin a páxina web do grupo en galego”
Fronte a isto, salientan que Castelao está con aqueles e aquelas que “gañamos o pan co suor da nosa fronte, cos que falamos galego nos talleres”.
Emilio Pérez Nieto, presidente honorífico do grupo Pérez Rumbao, líder no sector da automoción na Galiza con 50 compañías, 60 talleres e 1.900 empregados.
O presidente galego destacou, ao anunciar que era un dos que recibiría a medalla, que se puxese á fronte da empresa familiar con só 23 anos –“convertíndoa en todo un referente”– e que contribuíse “a dar voz ao tecido produtivo da Galiza a través de diferentes entidades como a Confederación de Empresarios de Galiza, a Asociación Galega de Empresa Familiar ou o Foro Económico de Galiza”.