Segundo denuncia a CIG

A RG tamén vai suprimir as desconexións informativas locais

Instalacións da CRTVG en San Marcos

Na mesma reunión en que se comunicou a supresión do 'Diario Cultural', a dirección da RG tería informado ao Comité Intercentros da CRTVG da intención de eliminar as desconexións informativas locais.

A sección sindical da CIG afirmaba esta terza feira, através do seu twitter, de que a dirección da Radio Galega tería comunicado ás e aos traballadores da compañía que na nova temporada -a partir de setembro- desaparecerían da programación as desconexións informativas locais.

 

A CID acusa a dirección de se amparar na coartada da "dixitalización" para "consumar un novo atentado á programación de servizo público da RG". A intención da cúpula directiva sería a de "asegurar o control dos contidos locais", a un ano das eleccións municipais.

 

Esta cuarta feira, o Comité Intercentros da CRTVG irá ter unha xuntanza para decidir as accións a emprender perante estes recortes na programación da RG.