CIG critica que os sanitarios que se acolleron ao bono turístico terán que declaralo a Facenda

A demanda do bono chegou a colapsar a sede electrónica da Xunta.

A delegada de CIG- Saúde en Lugo, Rosa González, puntualizou que "todo o mundo que fixo o bono e gastouno teno que declarar como rendemento en especies".

A delegada de CIG- Saúde en Lugo, Rosa González, criticou que os sanitarios que se acolleron ao bono turístico da Xunta terán que declaralo a Facenda.

Trátase do bono de 250 euros que impulsou o Goberno galego para o uso e goce do persoal sanitario polo seu traballo durante a pandemia e que agora se lles grava na declaración da Renda.

Así Rosa González puntualizou que "todo o mundo que fixo o bono e gastouno teno que declarar como rendemento en especies". "Son os típicos agasallos que din que fan e que son envelenados, que no canto de substituír a xente e utilizar ese diñeiro para mellorar a asistencia saen con estes bonos e telos que declarar", protestou.

A delegada de CIG  Saúde alerta de que "son moitos os afectados"

A delegada de CIG  Saúde alerta de que "son moitos os afectados", para lembrar seguidamente que este sindicato opúxose "aos mesmos, e que nin sequera o pediron "nin asinado".

"Hai xente comprometida que non o solicitou e que prefería que ese diñeiro se investíse noutra cousa, pero si que o pediu moita xente, igual o 80% do persoal", detallou.

CIG sinala que a medida repercute, sobre todo, se che fai "cambiar de tramo. "Ás veces te quedas no tramo anterior por pouco e si isto faite pasar de tramo tes máis IRPF que pagar", aclarou.