Cibercarrachos rouban a Podemos 30 xigas de información de afiliadas

"Nin a propia Eurocámara está exenta da espionaxe", dixo, desde a sede parlamentaria, un experto en ciberseguridade. (Foto: Ryan King)

A documentación roubada non parece estar relacionada con asuntos de índole política pi de estratexia

Podemos sufriu un ciberataque que provocou a fuga de datos persoais dos rexistrados e tamén outros de xestión económica do partido e que está a ser investigado por axentes o Grupo de Investigación Tecnolóxica da Brigada de Policía Xudicial de Madrid.

A IP desde a que se orixinou o ataque, producido a mediados do mes de marzo, sitúase en Moldavia aínda que os investigadores e as investigadoras corroboraron que podería tratarse dunha manobra para "enmascarar a auténtica orixe".

Ao parecer, a formación morada tamén informou sobre este roubo de datos á Axencia Española de Protección de Datos aínda que a documentación roubada non parece estar relacionada con asuntos de índole política ou de estratexia e descoñécese polo momento o interese dos atacantes e o destino final dos datos subtraídos.

Os cibercarrachos obterían uns 30 xigas de información, entre eles nomes, apelidos, números de DI, teléfonos e direccións das persoas afiliadas a Podemos, segundo publicaron nas súas redes sociais os supostos cibercarrachos.

Nas mesmas datas foron atacados tamén a alemá CDU e outras formacións políticas europeas, así como o Fondo Monetario Internacional, Air Europa ou Microsoft.