Causa Galiza defende a independencia como “solución estratéxica”

(Foto: Arxina)

A manifestación independentista decorreu baixo o lema ‘Mais independentismo para fazer frente à crise’.

Causa Galiza volveu se mobilizar este 25 de xullo, mantendo así a cita independentista que decorre desde 2007, s eben nesta ocasión nunha manifestación marcada polos protocolos e normas de seguridade por mor da Covid-19.

A independencia como “soluçom estratégica à tentativa dos poderes fáticos de carregar as consequências da pandemia nas costas das classes populares e reconfigurar o regime surgido da Transición, bloqueando, de novo, o exercício do direito de autodeterminaçom e impondo um novo ciclo estatutário” foi a chave desta mobilización.

Na marcha, que contou cos comunicados de solidariedade de Sortu e CUP, houbo palabars de orde a favor da independencia, de solidariedade para cos presos independentistas e de rexeite á monarquía española, entre outras.