33 anos a Bárcenas, 37 a Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PPdeG

O PP, o primeiro partido condenado por corrupción

A sentenza fixa altas condenas para os máximos responsábeis da trama, liderada por Francisco Correa (51 anos de cárcere) e Pablo Crespo (37 anos), que fora secretario de Organización do PP galego.

A Audiencia Nacional vén de condenar o extesoureiro do PP, Luis Bárcenas, a 33 anos de cárcere por diversos delitos fiscais no xuízo polo ‘Caso Gürtel’. O PP é considerado partícipe a título lucrativo por se beneficiar da trama e deberá pagar 240.000 euros. En conxunto, o tribunal impón penas que suman 351 anos de cárcere aos 29 dos 37 acusados pola primeira época do caso Gürtel.

 

A sentenza fixa altas condenas para os máximos responsábeis da trama, liderada por Francisco Correa (51 anos de cárcere) e Pablo Crespo (37 anos), que fora secretario de Organización do PP galego. Álvaro Pérez, 'O Bigotes’, fica absolto canda outras sete persoas acusadas.

 

A muller de Bárcenas, Rosalía Iglesias, tamén foi condenada a 15 anos e o propio Bárcenas ademais dos 33 anos de cárcere deberá pagar máis de 44 millóns de euros de multa.

 

As outras condenados son: Guillermo Ortega, 38 anos de prisión, Alberto López Viejo, 31 anos, e Jesús Sepúlveda, 14. A sentenza condena o PP, exministra Ana Mato e Gema Matamoros como partícipes a título lucrativo. Hai un voto particular do maxistrado Ángel Hurtado que propón a absolución do PP e de catro acusados.