Executado o despexo do Ofimático após horas de tensión e cargas policiais

Por volta das 14 horas, consumouse o despexo da vivenda de San Vicente de Elviña, na Coruña.

 

O dispositivo policial -no mínimo 16 furgóns da policia “nacional”, alén de efectivos da policía local- está a colapsar a entrada da cidade.

O desafiuzamento estaba previsto para as 9 horas desta quinta feira.

Ás 9.20, e sen bombeiros, que continúan sen prestarse a intervir en despexos, a policía forza o fecho da vivenda de Álvaro e Isa

bel.

Ás 9.29, o portavoz do BNG, Xosé Manuel Carril, e dúas activistas de Desahucios Coruña encadéanse perante a vivenda para tentar impedir o despexo, mentres tres persoas -entre elas o bombeiro que se negou a participar no desafiuzamento de Aurelia Rey- soben ao tellado da casa.

Ás 9.38, a policía racha as cadeas ás que estaban suxeitos Carril e as dúas activistas.

 

Ás 9.45, Desahucios Coruña informa na súa conta twitter de que hai unha persoa inconsciente a consecuencia das cargas policiais:

 


De acordo coa notificación xudicial remitida a Álvaro e Isabel as previsións son que esta quinta feira se proceda ao despexo e derrubamento da vivenda de acordo coa orde de expropiación asinada polo Concello da Coruña. Porén, tres persoas subida ao tellado están a impedir que se efectúe.

As excavadoras re-iniciaron o derrubamento dos exteriores da vivenda após desaloxaren as persoas concentradas nos arredores. No interior da morada permanecen Álvaro, o seu fillo e o avogado destes, ao tempo que 3 activistas impiden que a casa sexa tombada instalad@s no tellado.

Após interviren, sen enfrontamento, tres axentes da policía, as persoas que permanecían no tellado e no interior da vivenda foron desaloxadas, aseguraron que por non soportar a presión e tensión xerada pola policía. Baleira xa, a morada fica pronta para ser derrubada perante a ollada dunhas 200 persoas que permanecen concentradas nos arredores. 

Á saída da vivenda, Álvaro, 'Varo' como o coñece a veciñanza, e Isabel, foron recibid@s entre aplausos e bágoas polas persoas concentradas ás portas da súa morada que será derrubada por orde municipal. 

O Parque de bombeiros da Coruña negáronse a facer parte do despexo que foi levado a cabo pola Policía local e unidades da UIP.

Sermos Galiza acompañou ao minuto o decorrer do desafiuzamento en Elviña através do hastag #DespexoOfimático (@sermosgaliza).