O carballo do Banquete de Conxo, con máis de 250 anos, candidato a Árbore Europea do ano 2022

Coñecida como 'O Avó', atópase no tramo final do Camiño Portugués.

O carballo situado no bosque do Banquete de Conxo na capital galega, unha especie que conta con máis de 250 anos de historia, competirá canda outras dez candidaturas polo recoñecemento de Árbore Europea do ano 2022.

A iniciativa foi presentada esta quinta feira da man do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a edil de Medio Ambiente, Mila Castro, e representantes dos diferentes grupos municipais, como Alejandro Sánchez-Brunete (PP), Goretti Sanmartín (BNG) ou Branca Novoneyra (Compostela Aberta).

O bosque de Conxo chegou a albergar a máis dun milleiro de árbores deste tipo, dos que na actualidade sobreviven menos de medio cento debido especialmente aos danos provocados polos incendios forestais que derivaron nun proceso de substitución por outras especies foráneas, sobre todo eucaliptos.

Esta árbore, coñecida como 'O Avó', atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos e foi testemuña de momentos emblemáticos e transcendentais da vida cultural e histórica de Santiago de Compostela e de Galiza

Esta árbore, coñecida como 'O Avó', atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos e foi testemuña de momentos emblemáticos e transcendentais da vida cultural e histórica de Santiago de Compostela e de Galiza.

O espazo forma parte da obra e textos que Rosalía de Castro dedicou a esta contorna, que acolleu o 2 de marzo de 1856 a celebración do chamado Banquete de Conxo, unha comida onde estudantes universitarios  serviron a obreiros e artesáns como símbolo de fraternidade e nun momento de importantes desigualdades sociais entre clases na capital galega.

As votacións para o certame realizaranse na web 'arboleuropeo.es' e o prazo estenderase desde esta quinta feria e até o 20 de novembro. A decisión será tomada por voto popular, no apartado 'Votar por unha árbore' no que se incluirán todas as candidaturas.