A caída dun coche á vía do tren en Foz obriga a cortar a circulación ferroviaria durante unhas horas

O vehículo sinistrado en Foz. (Foto: Europa Press)
O condutor e único ocupante resultou ferido e tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa.

Un accidente de tráfico dun coche ao seu paso polo municipio de Foz (A Mariña) obrigou esta terza feira a cortar a liña ferroviaria dos trens Feve ao precipitarse o vehículo desde unha considerábel altura até a vía do tren.

Segundo informan fontes da Garda Civil, os feitos ocorreron contra as 14.40 horas de hoxe, á altura do punto quilométrico 41 da estrada N-642, ao seu paso polo municipio de Foz. O condutor e único ocupante resultou ferido e tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa.

Pasadas as 18 horas desta tarde, Adif informou a través das redes sociais de que se reanudaba a circulación da liña de largo métrico nos sentidos Ribadeo-Ferrol e Ribadeo-Ortigueira.