Buscan un home de 92 anos desaparecido en Oleiros

Jaime González Prado, desaparecido en Oleiros. (Foto: Concello de Oleiros)
Jaime González Pardo desapareceu esta segunda feira ás 6.30 na parroquia de Iñás.

Servizos de emerxencias e veciñanza do municipio de Oleiros (comarca da Coruña) buscan desde esta segunda feira un home de 92 anos desaparecido na localidade.

Tal e como informou o consistorio local, o home, Jaime González Prado, está desaparecido desde as 6.30 horas en Iñás, parroquia na que reside.

Segundo os datos proporcionados pola súa familia, o home mide 1,72 metros de estatura, viches pantalón azul vaqueiro, xersei gris e chaleco negro.

Nos labores de procura traballan efectivos da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias e da Garda Civil. En caso de localizalo, piden que se comunique á Policía Local no teléfono 981610001 ou á Garda Civil no 062.