Betanzos suspende a feira tras os 6 casos de coronavirus nas últimas horas

Betanzos

Ía celebrarse hoxe.

O Concello de Betanzos decidiu suspender a feira prevista para hoxe, día 16, por mor dos 6 casos de coronavirus detectados nas últimas horas.

Desde o Concello solicitouse á veciñanza que se extremasen as precaucións e non desbota novas medidas en función da evolución dos casos.

Tamén decidiu instalar unha carpa no centro de saúde para realizar tests.

En Betanzos hai dous focos diferentes con seis casos confirmados. Catro deles pertencen á mesma familia e dous están vencellados ao rebrote da comarca de Lleida.

Todos están sendo controlados en domicilio.