Becerreá volve celebrar a Feira do 12, que este ano outorga o seu Foucín de Honor a Helena Villar Janeiro

Un mercado na Galiza (Turismo de Ourense).

A xornada, reúne produtoras locais, pon en valor os recursos da zona e recupera o convivio das antigas feiras.

Becerreá (Os Ancares) volve celebrar a Feira do 12, unha cita tradicional desta vila da montaña oriental galega recuperada hai só uns poucos anos polo colectivo Rente ao Couce. A Feira, que se celebraba canda menos desde mediados do século XIX, desaparecera até ser recuperada.

A cita será o vindeiro día 20 e na feira haberá produtores locais, música e baile e procederase á entrega do Foucín de Honra á escritora Helena Vilar Janeiro, natural de Becerreá mais que desde hai anos reside no outro extremo do país, en Rianxo (O Barbanza).

Nstes anos o Foucín de Honra foi recibido por distintas persoas, como Laura Pardeiro, a ANPA de Cervantes, Alfonso Becerr ou Xosé Espín.

Este ano, como novidade, na feira haberá tamén un recuncho de encontro para vendedores de excedentes que non poidan pór posto, cun taboleiro para anunciarse e reunirse compradores e vendedores: excedentes de horta, vendedores de pitos, galiñas, coellos e demais animais de camada menor, así como artesáns da comarca.

Esta feira da Montaña de Lugo recuperada grazas ao colectivo local Rente o Couce, amosa unha gran e variada mostra de produtos da contorna dos Ancares.