BDS denuncia unha "manobra de distracción" de Israel para esquivar o boicote

Alertan da comercialización de produtos através de tres códigos de barras distintos. 

 

Desde a campaña internacional Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel (BDS-Galiza) alertan da comercialización de produtos procedentes dos territorios ocupados polo Estado de Israel através de distintos códigos de barras. 

Segundo advirten desde BDS-Galiza esta podería tratarse dunha estratexia económica sionista para esquivar o boicote dos seus produtos promovido desde 2005 e que, nas últimas semanas após os ataques a Gaza, está a recoller un maior número de apoios en todo o mundo. 

Neste senso, @s activistas detectaron, polo de agora, até 3 números distintos nos códigos que identifican os produtos israelitas: 729, 871, 500.