Baixan os casos activos mais segue a aumentar a presión hospitalaria

(Foto: Europa Press)

As persoas ingresadas na UCI por coronavirus é de 242.

(En ampliación)

Baixan os casos activos de coronavirus na Galiza e ralentízase o ritmo de contaxios detectados (menos de mil na última xornada), mais continúa a aumentar a presión hospitalaria, con cada vez máis ingresados tanto en planta como en coidados intensivos.

Hai 22.420 persoas con infección activa da Covid-19 na Galiza, o que supón un descenso de 188 a respecto da xornada anterior. De facer a comparación con hai unha semana, agora hai uns 700 casos activos máis.

En canto aos contaxios rexistrados nas últimas 24 horas son 963 (880 por PCR), por baixo dos mil, que era unha barreira que levaba días superándose. Por exemplo, a pasada segunda feira o número de contaxios rexistrados foi de 1.402, case cincocentos máis.

Tamén a taxa de positividade baixou, situándose en 7,5%, dando un respiro. Non é ese 5% que a OMS fixa como limiar para ter controlada a pandemia mais xa non é ese 15% que se rexistraba hai só uns días.

Porén, os ingresos hospitalarios continúana aumentar e xa son 1.452, ou sexa, 90 máis que na xornada anterior. Deses 1.452 pacientes, 242 están en coidados intensivos.

O índice de incidencia a 14 días está na Galiza en 770, e en cidades como Ourense ou A Coruña soborda os 900 (941 e 920 respectivamente).

O dato máis duro: o cornavirus matou na última semana 153 persoas e os falecidos totais pola pandemia xa son 1.775.