Aumento da capacidade en locais e espazos e fin ao límite de persoas

Varias personas nunha terraza no paseo maritimo de Sanxenxo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).

Como regra xeral, as capacidades dos locais permitidas serán do 50% nos concellos con nivel máximo, e do 75% nos restantes niveis. 

Non haberá límite de persoas, alén do que marque a distancia interpersoal de 1,5 metros.

O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, informou da decisión do comité clínico de ampliar as capacidades nos distintos espazos e ámbitos da vida cotiá. O anuncio prodúcese logo de que o comité de expertos avaliase a evolución epidemiolóxica dos concellos galegos nas últimas datas. Así, o titular de Sanidade apunto que “ a incidencia acumulada segue a baixar dun modo rápido”, mais remarcou a necesidade de seguir a cumprir as medidas hixiénico-sanitarias establecidas.

Como regra xeral, as capacidades dos locais permitidas serán do 50% nos concellos con  nivel máximo, e do 75% nos restantes niveis. Ademais non haberá límite de persoas, alén do que marque a distancia interpersoal de 1,5 metros.

Así mesmo, anunciou o establecementos do nivel medio de restricións nos concellos de Foz e O Barco de Valdeorras, mentres que o de Monforte de Lemos baixa ao nivel medio baixo. As novas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 25 de setembro.

Sobre o proceso de vacinación, García Comesaña subliñou que “Galiza volve a estar á cabeza da vacinación ”, tanto na administración de primeira doses, como na porcentaxe de poboación con pauta completa.  Por último, o responsábel de Sanidade informou tamén do peche dos diferentes recintos de vacinación masiva que se habilitaron para levar a cabo, coa maior celeridade posible, a vacinación da poboación galega.