Aumentan os desafiuzamentos en Galiza, a maioría relacionados co aluguer

Stop Desafiuzamentos Lugo

O descenso das execucións hipotecarias non frea o número de lanzamentos, que se elevan a 441 durante os tres primeiros trimestres do ano. Os casos de aluger son xa 7 de cada 10.


O drama dos desafiuzamentos non cesa. O terceiro trimestre en Galiza manifesta un alza no número de despexos respecto o mesmo período de 2014, en especial dos relativos ao aluguer, que son xa case sete de cada dez casos, segundo as estatísticas do Consejo General do Poder Judicial (CGPJ). O descenso das execucións hipotecarias non frea o número de lanzamentos, un total de 441 en Galiza no que vai de ano.

A suba rexistrada é do 0,5% en relación ao ano pasado. Unha tendencia que está relacionada co crecemento dos desafiuzamentos por aluguer, que aumentaron un 11,2% e representan o 67,7% dos despexos no país. Pola contra, os causados pola falta de pagamento da hipoteca baixaron un 4,4%.

Menos concursos de acredores

As estatísticas do CGPJ mostran unha caída do 45% o que, segundo o órgano xudicial, amosa “unha continuación do descenso experimentado ao longo do ano”. No terceiro trimestre, o número de concursos declarados caeu á metade respecto de 2014.