Aumentan a 55 os casos do foco relacionado cun ximnasio de Arteixo, seis máis

CHUAC ¡

O fco de coronavirus relacionado cun ximnasio situado na poboación de Meicende, en Arteixo, suma seis novos casos, polo que se elevan a 55 as e os contaxiados.

Segundo informou a área sanitaria da Coruña e Cee, o seguimento dos contactos realizado en relación ao foco rexistrado na localidade de Meicende e as súas ramificacións por distintas zonas da área contabiliza 55 casos, "unha vez realizados os rastrexos e estudos correspondentes".

As mesmas fontes indicaron que, ademais, "segue a detectarse algún caso relacionado coa contorna familiar de positivos detectados con anterioridade, así como algún caso illado".

Por parte da área sanitaria da Coruña destacaron, así mesmo, que o número de probas PCR realizadas até e4sta terza feira en relación con este gromo ascende a 359.

Con todo, indican as mesmas fontes que "ante a posibilidade de novos contaxios", a Consellería de Sanidade "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".