Atropelada unha menor na rúa do Hórreo en Santiago de Compostela

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta da Galiza)

Aconteceu arredor das 8.29 horas fronte á estación intermodal da capital galega.

Unha menor resultou ferida na mañá desta terza feira ao ser atropelada na rúa do Hórreo de Santiago de Compostela, fronte á estación de tren.

Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso tivo lugar arredor das 8.29 horas e ao lugar desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias 061, que prestaron asistencia á menor.

Ademais, foron mobilizados os axentes da Policía Local, os Bombeiros de Santiago e efectivos de Protección Civil.

Pola súa banda, fontes coñecedoras do suceso confirmaron que a menor resultou ferida.