Atopan no río Limia o cadáver do home de 40 anos desaparecido en Xinzo

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
O corpo apareceu á altura do parque do Toural e foi localizado polo equipo de submarinistas da Garda Civil. O home faltaba desde o sábado.

O cadáver do home de 40 anos que hai días desapareceu en Xinzo (A Limia) foi achado esta terza feira no río Limia, segundo confirmaron fontes policiais. O corpo apareceu á altura do parque do Toural e foi localizado polo equipo de submarinistas da Garda Civil. O home faltaba desde o sábado.