Non podía pagar o alugueiro

Atopan morta unha muller na Coruña cando ía ser desafiuzada

Un protesto contra os despexos na Coruña

Fontes policiais afirman que manteñen aberta unha investigación para esclarecer os feitos que rodean a morte dunha muller duns 70 anos cuxo corpo apareceu sen vida cando ía ser desafiuzada.

A comisión xudicial atopou na segunda feira nun piso da rúa Perú, no coruñés barrio de Labañou, o cadáver da muller que ía desafiuzar por non poder pagar o importe do alugueiro mensual do inmoble.

 

A investigación céntrase nestes momentos en atopar a filla, pois non se descarta ningunha posibilidade, entre elas un suicidio asistido. Fontes próximas ao caso, que se atopa baixo segredo de sumario, fan alusión a unha nota cunha autoincuplación do falecemento.

 

Foi tamén na Coruña onde tivo lugar un dos despexos que máis protesto social suscitou, o de Aurelia Rei, en febreiro de 2013.