Atopan morta, mais sen signos de violencia, unha moza de 22 anos nunha vivenda do barrio ourensán da Cuña
07 de maio de 2025 (20:31 h.)
A muller, que apareceu tendida na cama, non presentaba signos de violencia. As causas do falecemento determinaraas a autopsia.
Unha muller de 22 anos foi localizada sen vida esta cuarta feira nunha vivenda do barrio da Cuña, en Ourense. Segundo fontes consultadas, non presentaba signos de violencia. O 112 recibiu o aviso de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 pouco antes das 10 horas.
En concreto, notificábase o aviso do achado do corpo da muller na Rúa Losada Diéguez. Do mesmo trasladouse aviso á Policía, que se encarga da investigación. Fontes coñecedoras do caso ratificaron que a investigación está aberta, mais que a muller, que apareceu tendida na cama, non presentaba signos de violencia. As causas do falecemento determinaraas a autopsia.