Atascos nas saídas de Madrid a poucas horas do 'peche' da capital

Imaxe de arquivo

Ás retencións típicas dunha sexta feira ao rematar a xornada laboral súmanse as do fluxo de vehículos de madrileños que machan ás súas segundas residencias.

Aos miles de madrileños e madrileñas que esta sexta feira saen dos seus traballos para se dirixir ás súas moradas en cidades e vilas da contorna, únense os miles que decidiron pasar a fin de semana fóra de Madrid antes do 'peche' desta. Así o están a informar diferentes televisións e medios dixitais.

Hoxe ás 22.00 horas entran en vigor as restricións que impiden saír da cidade sen motivo que o xustifique e moitos apuran as súas saídas en tren e na estrada con dirección a segundas residencias.

Madrid leva desde o inicio da pandemia cuns rexistros de coronavirus superiores ao resto do Estado, o que nestes meses xerou inquedanza e preocupación en diferentes territorios, entre eles Galiza, pola chegada de visitantes con destino ás súas segundas residencia e o risco de extensión do virus. 

Recentemente, a Xunta de Andalucía anunciaba que ía "monotorizar" as segundas residencias de madrileños nese territorio, o que lle valeu acusacións de "madrileñofobia".