Asasina as dúas fillas para danar presuntamente a compañeira

O crime aconteceu en Moraña. A Garda Civil mantén aberta a investigación.

 

Esta sexta feira (31 de agosto) un home, D.O., asasinou as súas dúas fillas --de 9 e 10 anos-- en Moraña.

Segundo recolle o xornalista da Voz de Galicia, López Penide que cita fontes veciñais, o crime tería sido cometido como vinganza cara á súa compañeira da que estaba divorciado. Porén, as pesquisas da Garda Civil continúan abertas baixo instrución xudicial.  

As nenas estaban a pasar as ferias de verán co seu pai e debían ser devoltas á nai mañá mesmo. 

Até o momento, a Subdelegación do Goberno español só confirmou oficialmente o asasinato e o intento de suicidio posterior por parte de D.O., que foi trasladado ao hospital. 

Aliás, unha muller, de 33 anos, foi asasinada pola violencia machista en Palma e un outro a súa nai en Madrid.