Traballadores e doentes apupan a conselleira na visita ao novo Hospital de Vigo: “Isto é un atraco”

Reprocharon a Rocío Mosquera a falla de medios e servizos ou o “abusivo” prezo do aparcamento.

“Dimisión, dimisión” e “Isto é un atraco” foron algunhas das frases que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tivo que escoitar esta cuarta feira na súa visita ao novo hospital de Vigo, o 'Álvaro Cunqueiro'. Doentes e traballadores do complexo uníronse na protesta, que a Xunta tentou evitar cambiando a última hora o lugar de comezo da visita da conselleira. Mais de nada lle valeu. Apupos e asubíos amosaban ás claras o descontento con diversas cuestións, desde o “abusivo” cobro do aparcamento, á falla de medios, as denuncias polamala calidade dos materiais da construción, a falla de camas, o cobro por servizos como radio ou televisión...

Representantes dos traballadores denuncian sobrecustos da oecortes en servizos, recursos, equipamento e persoal que van condicionar gravemente a súa calidade, o seu funcionamento e o acceso dos pacientes e familiares (accesos, aparcamento, transporte, etc) e mala planificación, improvisación  e deficiencias detectadas no traslado desde o actual Hospital Xeral.