Pablo Hasel ingresa en prisión após ser detido polos Mossos na Universidade de Lleida

(Foto: Lorena Sopêna i Lòpez / Europa Press)

Antidisturbios da policía catalá irromperon no reitorado para deter o rapeiro.

Pablo Hasel xa está en prisión, no centro penitenciario de de Ponent Os Mossos d'Esquadra entraron pola mañá no reitorado da Universidade de Lleida para arrestalol. Ducias de axentes accederon o edificio sobre as seis da mañá e, antes pasadas as oito e cuarto, detiñan o rapeiro catalán. Segundo as imaxes difundidas en redes sociais, un axente leu a orde de desaloxo. Unha trintena de persoas protexeron o rapeiro, aos que a policía antidisturbios retira (están sentados no chan) sen que opoñan resistencia.

Hasel estába fechado no terceiro e último andar do reitorado. Preto de 30 axentes bloquearon o único corredor que leva á oficina onde estaba. Os Mossos identificaron a todos os activistas que se retiran do lugar e logo sacáronos do campus, rodeado de ducias de furgonetas da brigada antidisturbios.

O prazo da Audiencia española para que o rapeiro ingresase voluntariamente en prisión para cumprir unha pena de 9 meses por exaltación do terrorismo rematou a pasada sexta feira. E onte o xulgado rexeitou o recurso para evitar a prisión, como puido confirmar VilaWeb.

O avogado de Hasel, Diego Herchhoren, explicou que o rapeiro enfróntase a unha pena de 2 anos, 4 meses e 15 días, xa que acumula varias penas por multas impagadas. "Neste país, cada dous días de multas sen pagar significa un día de prisión", dixo a Catalunya Ràdio.