A ANPA do colexio de Baamonde ameaza con "non parar" coas protestas: "As chaves non as imos entregar"

Manifestación en contra da unificación dos colexios de Baamonde e de Begonte, no mes de decembro. (Foto: Nós Diario)
Este mesmo domingo, os pais e nais de alumnado deste centro encadeábanse ao edificio para expresar o seu rexeitamento a unha medida que, denuncian, vén alentada polo alcalde

A secretaria do ANPA do CEIP de Baamonde -no concello de Begonte-, Paula Iglesias, ameaza con "non parar" nas súas protestas até que consigan que non se peche o colexio. "As chaves non as imos entregar", advirte.

Este mesmo domingo, os pais e nais de alumnado deste centro encadeábanse ao edificio para expresar o seu rexeitamento a unha medida que vén alentada polo alcalde, José Ulla, quen pretende que as súas instalacións se convertannunha escola de música e que os 30 alumnos matricúlense no CEIP  Virxe  do  Corpiño, no mesmo concello.

"A idea era encadearse ao colexio simbolizando que non imos entregar o cole tan facilmente e pola falta de información que temos, porque é a cuarta vez que se lle escribe ao conselleiro (Román Rodríguez) sen obter resposta", afeou Iglesias.

En canto a próximas accións de protesta, a secretaria do ANPA subliñou que estas iranse iranse "improvisando", debido a que agora están "coas matriculacións" dos nenos.

"Andamos ocupados co traballo e en matricular aos pequenos, aínda que seguramente nos se matriculen no colexio de Begonte", avisou, en contra das intencións do alcalde.

Finalmente, sobre accións xudiciais que se poderían emprender, Iglesias confesou que "está complicado". "Tamén o falamos, pero dixéronnos que coas administracións está amolado", recoñeceu finalmente esta nai do CEIP de Baamonde.