Almeida anuncia unha “invasión” de ‘madrigalegos’ este verán na Galiza

(Foto: Europa Press)

O alcalde autocualifícase de ‘madrigalego’ xa que, di, madrileños e galegos partillan “hospitalidade, chularía e retranca”.

Madrileños ‘a tutiplén’ por toda Galiza este verán. Advírteo o propio alcalde de Madrid, Martínez-Almeida esta fin de semana na presentación da semana do Xacobeo na capital do Estado.  

O rexedor augurou unha "invasión de 'madrigalegos'" no Camiño de Santiago nos vindeiros meses, este verán e outono.

Almeida, que se reivindicou "madrigalego", afirmou que hai coincidencias coincidencias entre uns e outros, como  en "hospitalidade, chulería e retranca". Este mes de agosto, anunciou, volverá percorrer o Camiño de Santiago.

Pola súa banda, o vicepresidente primero da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, sinalou que os madrileños son "os primeiros peregrinos tras os propios galegos".

Fíxoo após animar a visitar Galiza neste ano e medio que resta de Xacobeo, no que os visitantes disporán dun seguro Covid por parte da Xunta, que cubrirá a súa hospitalización en caso de infectarse. Tamén aplaudiu que en pouco porase en andamento o AVE que conectará Madrid e Galiza “en tres horas”.

Almeida dixo á súa vez que Madrid e Santiago de Compostela teñen en común que ambas as dúas son quilómetros cero.

O rexedor vaticinou que este verán, outono e ao longo de 2022 serán "millóns de persoas as que transiten polo Camiño de Santiago".