Unha alegación de última hora do goberno adía a publicación do informe europeo sobre o accidente de Angrois

angrois

Un correo electrónico ás vítimas aponta a presións do executivo español para que non se faga público o documento.

Unha alegación de última hora do goberno español motivou o retraso da publicación do informe que sobre o accidente de tren en Angrois elaborou a Axencia Ferroviaria europea sobre a falta de indepencendia da CIAF, a comisión de investigación de accidenets ferroviarios. Europa Press tivo acceso a un correo electrónico no que así consta, e que foi remitido polo director executivo da acencia europea á plataforma de vítimas.

O presidente deste organismo europeo decidiu inhibirse, ao existir a alegación, e o director executivo da axencia pide aos afectados un prazo a maiores de 15 días para determinar se o documento se fai público, como marcan as normas de transparencia da UE, ou non.

O presidente da Plataforma Víctimas Alvia 01455, Jesús Domínguez, considera que a alegación do goberno está feita para impedir a publicación do documento. Confía en que finalmente se faga público para poder “coñecer a verdade”.