Adif manterá na tarde deste sábado cortado o tráfico ferroviario entre a Galiza e Madrid

Multitude de persoas agardan na estación de Santiago de Compostela ante o atraso dos trens, esta cuarta feira. (Foto: M. M.)
Adif comunica que coa información facilitada polo servizo de emerxencias 112 Galiza sobre a evolución dos incendios, esta tarde do sábado tampouco se restabelecerá o servizo.

O servizo ferroviario entre a Galiza e Madrid manterase unha xornada máis cortado, segundo informa Adif na o rede social X en relación á situación.

En concreto, comunica que coa información facilitada polo servizo de emerxencias 112 Galiza sobre a evolución dos incendios, esta tarde do sábado tampouco se restabelecerá o servizo.

Neste sentido, lembra que son varios os focos os que ameazan a operativa da liña de alta velocidade que conecta a Galiza coa capital do Estado

Esta situación motivou que os afectados tratasen de buscar medios alternativos para o seu desprazamentos, desde o autocar ata o taxi.