Achan o cadáver dun home de avanzada idade no río Lérez

O corpo apareceu á altura da ponte dos tirantes. (Foto: Luis F. Pizarro)
Agora as autoridades tratan de esclarecer as causas da morte deste home e o motivo polo que acabou no río.

O cadáver dun home de avanzada idade foi achado esta quinta feira no río Lérez, segundo vén de informar a central de emerxencias do 112-Galiza. O servizo recibiu o aviso por parte dun particular contra 16.15 horas, momento no que alertaba da aparición dun cadáver flotando no río, á altura da ponte dos tirantes e da chaira de Tafisa.

No operativo de rescate participaron os bombeiros, que foron os encargados de sacar o corpo da auga, a Policía Nacional, Protección Civil e o 061. Agora as autoridades tratan de esclarecer as causas da morte deste home e o motivo polo que acabou no río.