A Xunta pretende pechar ou reconverter centros de ensino secundario en vilas e cidades

IES Chamoso Lamas, no Carballiño

CIG-Ensino denuncia que o novo ataque da consellaría á escola pública fará minguar a oferta educativa, masificará as aulas e suprimirá centos de docentes "para potenciar o ensino privado concertado"


A consellaría de Educación pretende concentrar ensinanzas de FP en centros específicos ou integrados nas localidade de Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba.

Aliás, anunciou xa que desaparecerán os niveis de ESO e bacharelato nos IES de A Carballeira, en Ourense, e As Mercedes, en Lugo.

Segundo a denuncia que vén de facer pública CIG-Ensino, todo indica a que este mesmo procedemento continuará no resto dos territorios do País, pechando centros de secundaria ou reconverténdoos.

A medida suporá, segundo a valoración da central sindical, unha menor oferta educativa pública, masificación das aulas e supresión de profesorado "para potenciar o ensino privado concertado".