88.008, 'O Gordo', toca en 17 municipios galegos: estas foron as localidades afortunadas

Vigo foi unha das cidades premiadas co 'Gordo'. Na imaxe, dúas persoas celebrándoo na administración da Porta do Sol. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
O número foi cantado ás 13.16 horas no oitavo arame da novena táboa.

O número 88.008, premiado co 'Gordo' do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, vendeuse nun total de 17 municipios galegos, aínda que na gran maioría deles deixou beliscos, con décimos soltos. A Pobra do Caramiñal (Barbanza) foi a localidade máis agraciada por este primeiro premio, cun total de oito millóns de euros. En concreto, a administraicón de Lotarías número 3, situada en Estrada Díaz Rábago, vendeu dúas series do 88.008, é dicir, un total de 20 décimos, cada un deles premiado con 400.000 euros.

Tras A Pobra sitúase unha administración de Val do Dubra (comarca de Santiago), en Bembibre, que expediu tres décimos do número agraciado. Desta forma, o primeiro premio deixou 1,2 millóns de euros neste concello. O 88.008 tamén vendeu dous boletos en Vilagarcía de Arousa (O Salnés), na administración situada en Praza Ravella, 9.

Tamén se expediron décimos soltos en dúas administracións de Vigo —Porta do Sol, 12 e Avenida das Camelias, 110—, no Porriño, en Marín, na Illa de Arousa e en Salvaterra de Miño. Aliás, noutros 15 municipios galegos vendéronse décimos soltos do número do 'Gordo'. Este primeiro premio da Lotaría de Nadal 2023 caeu igualmente cidades de Santiago —vendéronse boletos nas administracións das Cancelas e na Cafetaría Venecia, na rúa do Hórreo— e A Coruña —Avenida Bos Aires, 11—, así como nas localidades de Cambre, Culleredo e Porto do Son.

En Lugo, o 88.008 vendeu dous décimos na administración de Rolda das Mercedes, 47, e caeu outro en Baralla. Tamén se vendeu en Ourense cidade —administraicón situada en Ervedelo, 20— e en Xinzo de Limia.

'O Gordo' do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal de 2023, dotado con 4.000.000 euros á serie, converteuse no máis 'remolón' da historia. O máis tardío até o de agora saíra en 2014, cando non apareceu até as 13 horas, e en 2018 demorouse até as 12.35 horas. Ademais, este ano, o 'Gordo' foi o último dos grandes en saír. O número foi cantado ás 13.16 horas no oitavo arame da novena táboa.

A Pobra, gran premiada

Emoción, nervios e, sobre todo, "alegría" son as tres palabras que definen o que vive esta sexta feira a administración de Lotarías número 3 da Pobra do Caramiñal (Barbanza), que vendeu un total de 20 décimos do 88.008. Vanesa Lojo e Fernando Santos son un matrimonio que acaba de cumprir cinco anos á fronte desta administración que, con todo, levaba xa 25 anos aberta.

"Para celebrar o quinto aniversario non está mal. Oxalá sigamos dando alegrías así. Xa que empezamos, que siga", expresa Vanesa, en declaracións a Europa Press. Este estabelecemento do centro urbano da Pobra vendeu dúas series do 88.008 entre os meses de outubro e novembro, polo que a contía total repartida ascende a 8 millóns de euros (400.000 euros por boleto).

"Polo momento, non apareceu ninguén", explica a responsábel do negocio. Pero isto non evitou que varios veciños e amigos acudisen até alí para celebralo con eles e, aínda nerviosos, aproveitaron para descorchar a champaña.