A Covid segue a avanzar nas residencias galegas: 44 contaxios na de Ribeira e 16 nunha de Tui

Un traballador sanitario acode nunha ambulancia á residencia de San Cibrao (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

Así, a día de hoxe, hai 335 persoas usuarias contaxiadas nas residencias de maiores da Galiza e 149 traballadores.

A situación nas residencias de maiores continúa a empeorar na Galiza nestes días. Segunda dados da propia Xunta esta terza feira, nas últimas horas rexistráronse 90 novos positivos, a metade deles (44) na residencia de Ribeira e todos referidos a persoas usuarias.

Ademais, hai 15 novos positivos na residencia ‘Paz y Bien’ de Tui (14 usuarias e 1 traballadora) e 10 na de San José de Arzúa, todas elas entre as persoas usuarias.

Hai, a maiores, 5traballadores e 2 usuarias contaxiadas na Santa Teresa de Jornet da Coruña, 1 traballador da Residencia Torrente Ballester da Coruña, 1 usuarios e 2 traballadores da residencia Domusvi Vimianzo, 2 usuarios do Apartamento Tutelado Arzúa, 1 traballador da Residencia Os Tercios de Touro, 2 traballadores da Residencia Domusvi Chantada, 1 traballador da Residencia Nuestra Señora de la Salud de A Peroxa, 1 usuario da Residencia de Chandrexa de Queixa, 1 traballador da Residencia de Esgos, 1 traballador da residencia Santa Teresa da Cañiza e 1 traballador da residencia Stella Maris de Nigrán

Así, a día de hoxe, hai 335 persoas usuarias contaxiadas nas residencias de maiores da Galiza e 149 traballadores. En total, 484 persoas infectadas pola Covid.