As menores até 14 anos, acompañadas de adultas, poderán saír a partir do día 27 mais só ao supermercado, farmacia e bancos

O Consello de Ministras aprobou hoxe as condicións nas quese desenvolverán esas saídas. A medida fecta na Galiza a 320.000 menores.

1) Até 14 anos, Poderán saír a rúa as menores até 14 anos. Esa é a decisión do Consello de Ministras, que desbota así outras propostas sobre a mesa, como as que solicitaban que esa idade de saída fose até 12 anos ou mesmo (caso de Catalunya) que se ampliase até 18. As tres tiñan o apoio de diferentes expertas. Mais a opción elixida é a de 14 anos., a idade pediátrica, e a que defendía tamén, entre outras, a Xunta

2) Acompañadas dunha persoa adulta. Non poderán sair soas senón acompañadas dunha persoa adulta

3) “Actividades esenciais”. Só poderán sair para acompañar un adulto para realizar algunha das actividades establecidas no decreto do estado de alarma que permiten rachar o confinamento: ir á farmacia, a facer a compra e ao banco

4) Nin parques nin zonas de xogos nin paseo. Así pois, as saídas non poderán ser para ir a parques ou zonas de xogos, nin para pasear.

5) Responsabilidade. Desde o Goberno español apelan á "responsabilidade dos pai e naiss" para que se "garanta" que esas saídas de menores se axustan ao disposto.

6) 320.000 nenos e nenas. Por volta de 320.000 nenas e nenos galegos de até 14 anos poderán saír á rúa a partir do, 27 de abril.

A demanda de que os nenos e nenas poidesen saír á rúa e non estar sometidos a un confinamento total foi unha reclamación presente desde case o inicio do estado de alarma e que aos poucos foi aumentando e gañando visibilidade.

Aos posíbeis prexuízos para pequenas e pequenos engadíase o feito de que en  oitos estados europeos os decretos que fixaban  illamento social por mor do coronavirus comprendían tamén medidas dirixidas a nenos e nenas para que, baixo certas condicións, poidesen saír das súas vivendas.