200 persoas protestan en Mesía contra os recortes sanitarios

Protesta da veciñanza de Mesía fronte ao centro de saúde de Visantoña. (Foto: Nós Diario).

A Xunta da Galiza deixa a Visantoña (Mesía) sen servizo médico

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e a Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizáronse está maña diante do centro de saúde de Visantoña para denunciar os recortes na atención sanitaria

As organizacións promotoras da protesta sinalaron a Nós Diario que “a maiores da ausencia de servizos médico en Visantoña a atención desenvólvese con moitos problemas no centro de saúde de Xanceda”, o outro consultorio activo en Mesía

Supresión dos servizos de pediatría e matrona

O BNG e a CIG critican, tamén, a supresión dos servizos de pediatría e matrona, que obriga a veciñanza a desprazarse ao centro de saúde de Ordes. Nese caso, a atención foi anulada no ano 2022.

A protesta, onde estiveron presentes membros do PSOE e do PP, rematou coa lectura dun manifesto a cargo da voceira do BNG en Mesía, Betti Louro, quen repasou a situación sanitaria do municipio.

Louro denunciou que “ vimos sufrindo anos de recortes. Recortes de persoal, que cada vez van a máis, e que provocan unha mala e deficiente asistencia sanitaria para as veciñas e veciños”.

A voceira nacionalista explicou que “elimináronos a pediatra e a matrona asignadas a este concello, obrigando as pacientes a acudir a Ordes, onde se concentra a atención para toda a comarca, sobrecargando as consultas e provocando  dificultades na accesibilidade para os pacientes”.

Centro de saúde de Visantoña

A concelleira do BNG criticou que “decidiron non cubrir ao médico de Visantoña, o cal xa non está desde o mes de marzo. As súas citas, no último mes, intentou cubrilas a médica de Xanceda traballando polas tardes, situación que agora xa non se dá”.

Louro rebateu os argumento do Goberno galego sobre a falla de profesionais e apuntou que “polo hospital, pasan médicos e médicos facendo a residencia, que se querían quedar pero que non lles ofrecen contratos dignos e marchan en busca dun futuro mellor”,