Entre 1.800 e 1.600 pacientes por médico nos centros de Soutomaior

Mobilización para demandar máis profesionais sanitarios en Soutomaior (Imaxe: Nós Diario).
A veciñanza do concello de Soutomario demanda máis profesionais sanitarios. Os tres profesionais que atenden o centro de saúde de Arcade e o consultorio de Soutomaior atenden altas cotas de pacientes, e o servizo satúrase cada vez que un deles cursa unha baixa ou marcha de vacacións, pois o Sergas non sempre cubre as prazas.

conta cun centro de saúde; en Arcade, onde traballan dous médicos, e un consultorio no propio Soutomaior, que conta cun profesional. Entre os tres atenden a unha poboación de 7.395 persoas. A estabilidade do servizo, cunhas cotas de pacientes por médico que oscilan entre as 1.800 e as 1.600, pende dun fío. E cando un dos profesionais cursa unha baixa, este colapsa.

Así aconteceu en decembro de 2019, lembra o voceiro do BNG local Manuel Lourenzo, daquela os médicos pasaban consulta até a 80 ou 90 persoas por día. Chegou un punto no que deixaron de concederse citas médicas. "Unha consulta podía demorar até doce días, as veciñas de Soutomaior foron privadas do seu dereito á Atención Primaria", reclama Lourenzo.

O concelleiro apunta que o Sergas só cobre as baixas dos profesionais sanitarios "a golpe de mobilización". Actualmente dous dos profesionais están de baixa, e o Sergas só enviou un médico para cubrir o seu oco. "Para a semana parece que se reincorporan dous", avanza Lourenzo. 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.