O corte polos lumes da A-52 entre Xinzo e Benavente deixa 1.000 vehículos retidos
14 de agosto de 2025 (19:40 h.)
A Garda Civil de Tráfico fai un chamado a non usar o coche nas zonas afectadas polo lume.
A autoestrada A-52 atópase totalmente cortada no seu tramo de Xinzo de Limia (comarca homónima) até Benavente, en Castela e León.
A circulación nesta vía foi cortada en diversos momentos desde que comezou a actual vaga de incendios, mais o problema agravouse na tarde desta quinta feira.
O trafico estivo, tamén, cortado na estrada estatal N-525 nos seus tramos da Gudiña (comarca de Viana) até Monterrei (comarca homónima).
En Ampliación