A Xunta dedica un millón de euros aos 'novos chiringuitos'

Conselleira de Medioambiente, Ángeles Vázquez. (Foto: Xunta da Galiza)
O BNG e o PSdeG criticaron as novas medidas de litoral da Consellaría de Medioambiente.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, avanzou esta sexta feira que o seu departamento destinará un millón de euros a axudas para apoiar a construción de chiringuitos biosostíbeis na costa galega. Esta é unha decisión que a Consellaría está promovendo desde a adquisición de competencias do litoral en 2025.

Desde o BNG, o deputado Luis Bará, denunciou o recorte dos orzamentos en Medio Ambiente, afirmando que "falamos de 2.500 quilómetros de costa, pero a prioridade é ampliar a tempada de chiringuitos".


O PSdeG coincidiu nas críticas, o deputado socialista Aitor Bouza solicitou unha "rectificación inmediata" e non empregar a xestión do litoral para a "turistificación".