Voces de unidade urxen a candidatura nacional galega

[Imaxe GZfoto]

Diversos manifestos pulan pola constitución dunha proposta electoral que artelle un grupo parlamentar propio para Galiza nas Cortes españolas. Unha ferramenta, defenden, que “combata pola nosa dignidade colectiva” e os intereses do país.

 

Após o Día da Patria galega e do chamamento á unidade que desde a Praza da Quintana se lanzou ás forzas galegas –sociais e políticas­­ de cara ás eleccións ás Cortes españolas, diversos foron os manifestos que están a sumar voces a prol dunha candidatura nacional galega.

Na última semana o manifesto 'Pola unión' e o Decálogo por un país en pé lanzado pola plataforma Voltar á Terra defenderon esta idea que se debaterá, o 23 de agosto, no Banquete de Conxo 2.0 impulsado desde a comisión promotora da manifestación do 25 de xullo.

Conversamos con Encarna Otero, Alexandre Sanmartín Costa, Xosé María Álvarez Cáccamo e Paula López sobre as razóns que @s levaron a asinar cadanseus manifestos pola unidade. 

Podes ler a reportaxe íntegra no número 158 do semanario en papel. Á venda xa na nosa loxa.