Villares acusa PP e PSOE de permitir “a morte industrial” da Mariña

En Marea defendeu en Viveiro apoiar Alcoa e demanda unha reforma integral do sector eléctrico.

Luis Villares defendeu este sábado en Viveiro unha reforma integral do sector eléctrico que permita abaratar os prezos da luz e que potencie a viabilidade das empresas electrointensivas como Alcoa. Unha reforma, dixo o portavoz de En Marea, que poña “fin á estafa mensual que os recibos da luz supoñen para todos os fogares..
 

En Marea tamén quer garantir que todas as empresas electrointensivas que reciban subvencións teñan a obriga de investir na modernización das súas instalaciós e garantir os postos de traballo. Ademais de prohibir as portas xiratorias "como medida “esencial de hixiene democrática”. 

 

Luís Villares denunciou a “nefasta” xestión de PP e PSOE, aos que acusou de priorizar durante anos os intereses persoais en detrimento dda cidadanía; e permitiron “a morte industrial” da Mariña.