Todas as chaves políticas de 2018
A primeira incógnita que paira sobre 2018 é se Rajoy premerá ou non o botón do adianto eleitoral, sendo que o apoio do PNV aos orzamentos é incerto e que Cs podería verse tentado a lle retirar o apoio para tirar rédito da campaña catalá. Mais esa non é a única chave do novo ano -neste texto debruzámonos sobre 8 máis-, embora si sexa a que pode desenguedellar todo o nobelo. Eis un extracto da análise publicada no Sermos Galiza 278.
Non é seguro que as e os votantes conservadores fosen premiar ese hipotético movimento da escadra laranxa. Por outro lado, se hai algún activo que poda vender Rajoy neste momento é o da estabilidade política e o da súa habelencia para, desde os apenas 137 escanos dos que dispón na Carrera de San Jerónimo, artellar as alianzas políticas precisas para se manter no goberno. Unhas eleccións antecipadas serían tanto como admitir a súa propia fraxilidade parlamentar, a súa condición de minoría. Xusto o que escenario que mellor lle acaería á formación liderada por Albert Rivera.
[Podes ler a análise íntegra no número 278 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]