Sumar Galicia aproba a súa “federación” con Movimiento Sumar

De esquerda a dereita: Laura Moreno, secretaria de Organización de Movimiento Sumar, Gloria Alonso, secretaria de Organización de Movemento Sumar Galicia, Verónica Barbero, portavoz do GPP Sumar e presidenta de Movemento Sumar Galicia e Paulo Carlos López, secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia. (Foto: Sumar)

O acordo “garante autonomía política plena e á vez, a integración nos órganos estatais”, afirma a organización galega.

Movemento Sumar Galicia vén de aprobar na reunión da mañá desta quinta feira da súa Coordinadora Nacional o Protocolo de Federación, que regula os aspectos organizativos, electorais e económicos da súa relación política federada e que terá que ser sometido a debate polo órgano estatal.

"Aprobamos un protocolo de federación entre Movemento Sumar Galicia e Movimiento Sumar que nos garante autonomía política plena e a vez integración nos órganos estatais” afirmou o secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López.

Neste protocolo, recoñécese, afirman nun comunicado remitido á prensa, “a soberanía organizativa de Movemento Sumar Galicia e garantese a súa integración política e funcional no espazo común de Movimiento Sumar”.

Os principios nos que se basea este protocolo son a lealdade e a coooperación “queremos un Estado plurinacional e para iso construímos unha organización plurinacional" concluíu o secretario xeral.

Potr outra parte, a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou este sábado que, a pesar de que PP, Vox e Junts rexeiten a redución da xornada laboral até 37,5 horas semanais, esta aprobarase e sairá adiante no Congreso dos Deputados.

A pesar de que esas tres formacións suman maioría absoluta no Congreso e presentaron emendas de totalidade para devolver o proxecto da redución da xornada ao Goberno, a vicepresidenta mostrouse tallante: "Claro que vai saír a redución da xornada laboral, claro que o imos a facer, imos gañar", subliñou durante a súa intervención en clausúraa do décimo terceiro congreso confederal de CCOO.